lunes, 14 de septiembre de 2009

MEDO

Despois de dárlle moitas, pero moitas voltas a miña trastornada cabeza chego á conclusión que non teño nin puta idea de nada. Non coñezo ás persoas e non só iso, senón que non me coñezo tampouco a min mesmo.

Levo compartindo a miña vida comigo mesmo durante unha chea de anos e non son capaz de facerme a idea que non sei quén son, non sei cómo actuar en moitísimas ocasións, non sei se fago ben ou mal, seguramente mal na meirande parte das situacións, posto que nunca chego a obter o que pretendo. Quizáis non sexa iso o que me preocupa. Supoño que non é que faga mal ou ben, seguro que o que ocorre é que sinxelamente non fago nada. Fico parado, inmóbil, son completamente inocuo a todo aquelo que me rodea. Esto resúltame un tanto preocupante porque non mostrar ningún tipo de belixerancia respecto a todo o que me sucede non creo que sexa canto menos aconsellable.

As persoas son criaturas sociables por natureza, e eu debo de ser a excepción, son completamente "asocial", e non é bo, pero son incapaz de solucionalo, non sei cómo arranxar estes erros innatos ou adquiridos ó longo dos anos na miña personalidade. Son inseguro, pero a miña inseguridade está elevada a infinito, e isto non me gusta, pero non me vexo con forzas nin con coñecementos suficientes para poñerlle remedio.

Teño medo, medo ó desconocido, medo ás respostas negativas, medo a non ser capaz de contentar á xente, medo de non gustar, medo de resultar desagradable, medo de non chegar a querer nunca a ninguén, medo, medo, medo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Contador
contadores gratis