martes, 8 de septiembre de 2009

Saida de Emerxencia

"Camiñante non hai camiño, faise camiño ao andar". A Machado

En ocasións é preciso evadirse. Marchar, aínda que só sexa durante un intre, de todo aquelo que resulta convencional, corriente e cotiá, e virar de súpeto cara un novo rumbo, coa sinxela e á vez, complexa excusa de poder respirar; abrir o peito, inhalar profundamente, encher os pulmóns de aire fresco e comezar de novo con máis forza.
Para facer isto, é necesario atopar unha saida, que nos amose o camiño a seguir. Esa porta non sempre é visible a simple vista, nin tampouco está dispoñible cando queremos. Nembargantes, outras veces témola diante dos ollos e non a vemos.

1 comentario:

  1. Certo. E a saída sempre acaba aparecendo. Non todo son calexóns escuros que non levan a ningures. E se alguén a atopa, que me avise...

    ResponderEliminar

Contador
contadores gratis