martes, 1 de septiembre de 2009

Un dia máis...

"A acción non asegura a felicidade, pero non hai felicidade sen acción"


Un día máis pasa por diante e eu nin me inmuto, é unha sensación extraña, non sei, difícil de explicar, pero que no meu caso xa se convertiu en cotiá.

Eu mesmo me decato que a pasividade coa que camiño polos roteiros desta miña vida non é para nada normal, e moito menos boa ou aconsellable, pero..., ¿qué lle vou facer?, xa son uns cantos anos os que levo vividos deste xeito e coido que agora mesmo non son quen de trocar a miña forma de ser ou de parecer.

Non sei se as persoas podemos chegar a cambiar o noso modo de vida ou canto menos o xeito de enfrontarnos a nosa existencia. Supoño que sempre haberá quen o faga e lle saia ben, pero, ¿e se sae mal?, ¿se en lugar de mellorar ou atopar aquelo que buscamos, fracasamos?, se isto ocorre, aparte dun gasto, a todas luces inútil, de enerxia, sería unha grande frustración a nivel persoal, e eu de fracasos xa teño o meu cupo cuberto, porque outra cousa non, pero se falamos de fracasos coido que teño unha "amplia" experiencia. Todas aquelas cousas de certa relevancia (obviemos as banalidades e trivialidades, posto que carezo de memoria para recordalas todas) nas que o éxito só dependía de min mesmo, foron auténticos fiascos, ben sexan temas académicos, laborais, sentimentais... Son incapaz de rematar todo o que empezo, nunca fun quen de arranxar aquelo que estragaba, nestas situacións sempre precisei axuda dalgún tipo por parte de terceiras persoas.

Precisar axuda non está mal, e coido, que para eso están os familiares e amigos pero cando as cousas son para facer por un mesmo, é frustrante aceptar que necesitas que alguén che bote unha man, sobre todo no meu caso, que sempre quixen ser autosuficiente e "independiente".

Supoño que as persoas valentes son as únicas que chegan a ter éxito na vida, as que conseguen a felicidade. Quen da o primeiro paso dun camiño incerto cheo de incógnitas é quen chega á meta.

Pola contra quen non arranca, quen fica parado, quen non se move son os loosers, os perdedores, os fracasados. Como no mundo ten que haber de todo, no reparto do pastel a uns tócalle ser dos primeiros e a outros dos segundos.

Gustaríame ser valente, dos que chega á meta, pero nunca tiven valor suficiente para dar o primeiro paso, nin para cambiar a miña forma de ser.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Contador
contadores gratis