viernes, 31 de julio de 2009

Cando menos o esperas...

"Life is what happens to you while your busy making other plans"
"A vida é o que sucede mentres estás ocupado facendo outros plans"
John Lennon.


Cando menos o esperas a vida regálache momentos que, para ben ou para mal, fican no máis profundo da memoria coma puntos clave na túa existencia.

Cando menos o esperas falando con xente, decátaste que todos, inevitablemente todo o mundo, nalgún intre, máis tarde ou máis cedo, pasa por momentos así.

Cando menos o esperas fas novas amizades con persoas que ata entón eran auténticos descoñecidos.

Cando menos o esperas alguén che fai parte da súa vida, e ti fas a ese alguén parte da túa.

Cando menos o esperas unha conversa cambia o xeito de ver as situacións e actuacións dos demáis.

Cando menos o esperas por mor da intransixencia e incomprensión fas que alguén que queres se sinta incómodo.

Cando menos o esperas as bágoas esvaécense, e nese mesmo intre és partícipe de algo que che pon a pel de galiña e fai que os latexos do corazón sexan máis apurados.

Cando menos o esperas és consciente que un deses puntos clave acaba de suceder.

As cousas que importan ou que forman parte dos recordos mellor gardados ocorren cando menos o esperas, tamén os momentos para pedir perdón e desculparse por algo que se fixo ou que se dixo aparecen cando menos o esperas.
Contador
contadores gratis