domingo, 5 de julio de 2009

Xa ando por aquí...

Seguindo os consellos dunha persoa que sabe un pouquiño de psicoloxía (e que coido que non me quere mal de todo) que me recomendaba, e cito textualmente: "a externalización de sentimentos, de forma escrita", xa que de forma oral non se me da nada ben (supoño pola falla de práctica ou sinxelamente por vergoña), inicio a miña intrépida e singular singladura en esto dos Blogs, pois xa non estamos nos tempos onde se empregaba o lápis e papel para contar cousas, e moito menos o papiro e a pluma.

Deste xeito, se a cousa sae como me gustaría, este taboleiro debería ter dúas funcións principais, a primeira e fundamental. Intentará servir de exercicio de autocoñecemento e autocrítica de min mesmo, si se me permite a redundancia, nunha etapa na que un servidor non está a pasar o mellor momento da súa triste e posiblemente inmerecida existencia, así como de espazo no que expresar de forma persoal as miñas inquedanzas, opinións, paranoias, queixas e suxestións.

A segunda funcionalidade de este sitio é a de facer partícipes de todo isto a todos aqueles que queiran, de cando en vez, visitar, ler e opinar ou comentar as entradas que vaia pouco a pouco escribindo e que sendo completamente honesto, impórtame un carallo se vos gustan ou non.

Non sei se serei quen de arranxar os desaxustes psicolóxicos que posúo coa "Externalización de sentimentos" pero polo menos pode ser un bo xeito de ocupar o tempo que teño libre, que agora mesmo é moito.

Pois iso, voume adicar a poñer en práctica os coñecementos científicos recomendados por facultativos, por si existe a posibilidade, por remota que sexa, de que sirva para algo, aínda que manteño as miñas dúbidas ó respective, (porque son liberal).

A ver como se me da isto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Contador
contadores gratis